"Picheleiros", o documental que rememora a volta do equipo á Segunda Divisón B

A produtora édeporte.gal e a SD Compostela estrean o documental o martes 24 ás 21.00 horas

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 24/08/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O vivido polo SD Compostela na pasada temporada, na que voltaron á Segunda División B, pódese gozar de novo. O documental "Picheleiros", realizado pola produtora galega édeporte.gal, rememorará o vivido polo grupo blanquiazul. A peza audiovisual estrearase o martes 24 ás 21.00 horas na web de édeporte.gal, na que tamén se poderán visualizar máis contido relacionado co cadro santiagués. 

Documental 'Picheleiros'
Documental 'Picheleiros' | Fonte: édeporte.gal

Dirixida por César Fieiras e cunha duración de media hpora aproximadamente,a peza contén entrevistas cos xogadores e persoal da entidade, así como diferentes momentos vividos na temporada. Con este ddocumental queren achegar aos afeccionados como é o día a día do club e recordar a boa campaña realizada. 

O proxecto édeporte.gal naceu na V edición da Bolsa Nacho Mirás, organizada polo Colexio de Xornalistas de Galicia, ABANCA e a USC, co obxectivo de "visibilizar a cultura deportiva audiovisual galega e en galego". Esta plataforma continuará coa súa actividade a partir do mes de sembro para cubrir máis deportes, eventos e escenarios. Ademais, dende a plataforma buscan patrocinadores oficiais interesados en colaborar co proxecto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta