O PSdeG tilda ao alcalde de Os Blancos de "antidemocrático e caciquil" tras insultar a unha voceira socialista

O PSdeG-PSOE denuncian que o alcalde do PP e o secretario intentaron impedir a gravación dun pleno que consideran "estrambótico".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 24/08/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE critican o ocorrido no pleno do pasado 23 de agosto no concello ourensán de Os Blancos. O grupo socialista califícao de "estrambótico" e denuncia que o alcalde do PP e o secretario "quixeron secuestrar a democracia" tratando de impedir a gravación de dito pleno.

Casa do Concello dos Blancos (Ourense)
Casa do Concello dos Blancos (Ourense) | Fonte: Elisardojm en Wikipedia.

Na sesión plenario do pasado luns, o goberno local atacou ao colectivo cultural Matrioska, e unha edila da oposición recibiu "insultos, desprezos e ataques". A isto súmanse os ataques contra un xornalista que estaba a gravar os feitos, ao que intentaron impedir que recollese coa súa cámara a sesión. Os socialistas critican "os bochornosos feitos", pois incluso o secretario minicipal chegou a dar golpes na mesa.

No transcurso do pleno extraordinario para expulsar ao colectivo Matrioska do local que están a empregar no municipio, o rexedor de Os Blancos chamou "sinvergüenza e impresentable" á voceira socilaista, o que dende o partido consideran "faltas de respecto intolerables". O PSdeG tamén denuncia como o alcalde de Os Blancos "aproveitos para facer gala da súa actitude caciquil tentando impoñerse por riba dos presentes nunha actitude impropia dun cargo público". 

"Feijoo e Baltar non poden consentir estas prácticas antidemocráticas, maleducadas e caciquís" critican dende o PSdeG, e reclaman a ambos populares que "poñan coto de imediato" a estas "actitudes antidemocráticas e ditatorias" entre os seus rexedores e militantes. "Esiximos aos dirixentes do PP que actúen canto antes, para que esta situación de intimidación, sinalamentos e ofensas por parte dos seus cargos non volva suceder", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta