Temas: CINEMA

Cando a dignidade convírtese nunha acción artística reivindicativa

"Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa, será presentada en Santiago coa presenza de Suso de Toro, Xurxo Souto, Pepe Galán, Anxo Varela e Pepe Barro.

Por GC Tendencias | Compostela | 17/01/2014 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

A Casa das Crechas acolle este venres ás 20h a presentación do filme ‘Carga de dignidade’, unha peza documental de 27 minutos realizada por Xosé Bocixa que explica o proxecto e recolle a acción ‘Carga de dignidade’ que tivo lugar en Ferrol o ano pasado.

Os muros de Navantia con prendas de traballadores
Os muros de Navantia con prendas de traballadores

O documental recolle os feitos que tiveron lugar o pasado 2 de xuño cando unha acción unitaria, insólita en Ferrol, conseguiu que varios milleiros de persoas se achegaran á reixa de Navantia para pendurar unha peza de roupa. 

Seguindo o exemplo dos buzos de traballo que os despedidos tiñan espetado nos ferros que cercan a factoría, os cidadáns de Ferrol conseguiron encher con roupa máis dun quilómetro de valado nunha acción reivindicativa polo naval que se converteu en artística. 

Durante a acción, Radio Buguina emitiu un programa de radio con varias entrevistas e a música ao vivo de Mercedes Peón, María Manuela e moitos máis. A día de hoxe a reixa segue viva, coas pezas de roupa aínda penduradas e degradadas polo paso do tempo.

Foi unha acción artística popular convocada polo colectivo de creadores Radio Buguina co apoio de máis de 30 organizacións de Ferrolterra. 

O filme será presentado en Compostela polo seu director, Xosé Bocixa, ademais de por varios membros de Radio Buguina: o escritor Suso de Toro, Xurxo Souto, o escultor Pepe Galán, o profesor Anxo Varela e o deseñador Pepe Barro.

Velaquí o trailer: 

Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta