Controlado o incendio forestal de Ponteceso despois de queimar 118 hectáreas

O incendio permanecía estabilizado desde primeira hora deste martes e quedou baixo control minutos despois das 20,00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2021 | Actualizada ás 20:57

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio forestal que desde a tarde noite do luns afecta á parroquia de Niñóns do municipio coruñés de Ponteceso.

Segundo as últimas estimacións, as chamas, iniciadas ás 19,42 horas do luns, afectaron a unha superficie de 118 hectáreas, 47 delas de masa arboredo e 71 de monte raso.

O incendio permanecía estabilizado desde primeira hora deste martes e quedou baixo control minutos despois das 20,00 horas. Na zona traballaron ata o momento catro técnicos, once axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, tres pas e medios aéreos.

Un bombeiro apaga un incendio forestal. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un bombeiro apaga un incendio forestal. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta