Os prezos industriais soben un 14,9% en xullo en Galicia, case como a media

Destaca a evolución da enerxía, cun ascenso do 43,5% anual e do 5,3% mensual

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/08/2021 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Os prezos industriais subiron un 14,9% en xullo en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, de modo que rexistraron un incremento case igual ao da media (+15,3%), segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En variación mensual, os prezos da industria na comunidade galega experimentaron un aumento do 2,1% respecto de xuño, e acumulan unha alza do 13,6% no que vai de ano.

Destaca a enerxía, cun ascenso dos seus prezos do 43,5% anual e do 5,3% mensual, mentres que os prezos dos bens de consumo caen un 0,1% intermensual, aínda que soben un 1,4% en comparación con xullo de 2020.

No conxunto estatal, os prezos industriais subiron un 1,7% o pasado mes de xullo en relación ao mes anterior e avanzaron un 15,3% en taxa interanual, unha décima por baixo da rexistrada en xuño. Desta forma, co repunte interanual de xullo encadéanse sete meses consecutivos de aumentos interanuais.

Evolución dos prezos industriais en Galicia. EPDATA
Evolución dos prezos industriais en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta