Que é o castrapo, o neofalantismo ou o purismo?

Un manual coeditado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e o Consello da Cultura tenta ofrecer visións innovadoras sobre os contactos lingüísticos do galego cos idiomas castelán e portugués.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Cal é a presenza do galego no "léxico dispoñible" do castelán de Galicia?, e fenómenos tan controvertidos coma o 'castrapo', o neofalantismo, o purismo lingüístico?. Estas e outras cuestións son analizados nunha nova obra linguística.

De esquerda a dereita, Gabriel Rei-Doval, Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo, durante a presentación da obra
De esquerda a dereita, Gabriel Rei-Doval, Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo, durante a presentación da obra | Fonte: USC

De feito, explicar as innovacións lingüísticas no contacto entre o galego-castelán e mesmo con outras linguas do contorno máis próximo, coma o portugués, máis alá dos paradigmas lingüísticos tradicionais, así como presentar estudos sobre este contacto dende outras perspectivas da lingua, é a orixe do libro 'Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias'.

Este manual, coeditado polo Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e o Consello da Cultura galega acaba de editar, está coordinado polos lingüístas Henrique Monteagudo, Gabriel Rei-Doval e Eva Gugenberger froito das contribucións realizadas en 2010 no Simposio que o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) realiza anualmente.

Catro décadas de deseño da norma

"Este volume é posible logo de catro décadas de deseño da norma e do estándar da lingua galega", sinalou o profesor da Universidade de Wisconsin e coeditor da publicación Gabriel Rei Doval, "porque tenta aproximarse sen complexos a unha área difusa e na que se producen estas dinámicas de contacto co castelán e co portugués". 

"Cando se pensa na historia e na situación lingüística actual de Galicia, o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar", destaca ao precisar os grandes contactos que hai entre estes dous idiomas ao longo da historia.

Por iso, estes expertos destacan a fortaleza do galego na convivencia con outras linguas. "Ponse moito acento na influencia do castelán sobre o galego, pero o galego tamén inflúe no castelán", sinala Henrique Monteagudo, coeditor da publicación e profesor da USC. "É un libro que demostra a madurez dunha comunidade científica", sinala Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, "e que permite un diálogo non moi frecuente", en alusión á perspectiva máis tradicional de estudar os idiomas coma compartimentos estancos, e non na súa relación cos idiomas do contorno.

Unha colección de dez volumes

Esta obra entra dentro da liña de publicacións e traballos do ILG e forma parte dunha serie de dez volumes que edita esta institución dende o ano 2002. Na redacción do volume participaron especialistas internacionais como Eva Gugenberger, María Álvarez de la Granja, Belén López Meirama, Dante Lucchesi, Marta Negro Romero, Xosé Afonso Álvarez Pérez, Fernando Ramallo, Gabriel Rei-Doal, Francisco Dubert, Eva Fernández ou Fernando Venâncio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

20 falarfalarei

Alguén dos que opina aquí leu algo do libro, falar non ten cancelas.

1 Akribéstaton

falarfalarei: os fundamentos, mais que suficientes, para opinar são: 1) muitos, mesmo quase todos, temos experiência e saber sobre o assunto; 2) aspectos fundamentais da trajetória desses indivíduos são públicos e notórios; 3) todas as quatro declarações sobre a apresentação (e o mesmo título da obra) são mostra inequívoca de LINGUAGEM INCHADA E VAZIA; 4) que é assim a cousa é que o senhor só recorre a uma crítica formal, genérica, sem entrar no assunto para nada.

19 eliseu

Na Galiza há uma língua.... qual é? a nacional espanhola

18 Henrique Puntiagudo

Que pergunta! O castrapo é o que promove a RAG desde hai décadas.

17 RAGC

Aqui vos presentamos ao novos academicos da RAGC(Real Academia Ghallegha do Castrapo) hermana da RAG: https://www.facebook.com/photo.php?...

16 vergonha

Os lusistas/espanholistas e as suas teimas, os uns querendo oficializa'lo castrapo con merdalhadas coma "pulpo" e os outros coa parvada do portunhol (que non representa a ninguén) disfraçada trala escusa da grafia. Sode'la vergonha da Galiza, deixade-nos tranquilos dũa vez, que non nos interesan os vosos contos de ódio e autonegaçón.

1 Castelão

Deixamos-te a ti para que tu arranjes o mundo, não?