Os concellos galegos ofrécense para acoller a refuxiados afgáns

Máis dunha ducia deles xa amosou o seu interese.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que canaliza a axuda solidaria do municipalismo co pobo afgán, recibiu ata o momento o ofrecemento de máis dunha ducia de entidades locais para acoller refuxiados de Afganistán, segundo informa.

Nun comunicado, lembra que, "en previsión dun eventual chamamento de acollida e como xesto de solidariedade", o venres pasado a Fegamp lanzou unha circular para solicitar a predisposición das entidades locais galegas para prestar axuda na medida das súas posibilidades.

Neste tres primeiros días, informa, 13 concellos e unha deputación fixeron chegar a súa oferta, "sinalando a súa capacidade de aloxamento e características de habitabilidade". Coa resposta obtida ata este momento "xa se podería acoller a máis dun centenar de afgáns e afgás cumprindo as limitacións derivadas das medidas preventivas pola COVID-19", apunta.

As entidades locais puxeron a disposición as solucións ao seu alcance: desde pavillóns ou albergues para unha acollida provisional ata antigas casas de mestres e outras vivendas.

"A solidariedade das entidades locais fai que no caso dalgúns concellos que carecen de inmobles de titularidade pública, ofrezan recibir unha familia sufragando os gastos de aloxamento e necesidades que poida precisar, incluído o transporte". Nun dispositivo de coordinación acordado coa Delegación do Goberno en Galicia, a Fegamp xa deu traslado das primeiras respostas.

Osman ten 7 anos e sofre parálise cerebral, pero perde o sorriso. En brazos do seu pai chegou a Idomeni dende Afganistán e agora agarda voar a España para ser tratado nun hospital
Osman ten 7 anos e sofre parálise cerebral, pero perde o sorriso. En brazos do seu pai chegou a Idomeni dende Afganistán e agora agarda voar a España para ser tratado nun hospital | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta