O Concello de Ourense limita as horas extras do seu persoal para "poñer orde"

Di que é "para que sexan un recurso excepcional e provisional".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense aprobará este xoves a modificación das condicións do seu persoal que suporá a limitación da posibilidade de realizar horas extraordinarias co obxectivo de "pór orde e racionalizar" este recurso para facer que sexa "excepcional e provisional" ata a cobertura das necesidades "con servizos municipais perfectamente dotados de persoal".

O acordo subscrito coas centrais sindicais a mediados do mes de xullo será ratifiacado este xoves na reunión do goberno municipal que encabeza o rexedor Gonzalo Pérez Jácome, que explica nun comunicado que o obxectivo é "garantir que os servizos municipais funcionen con eficacia e eficiencia, dispondo dos efectivos que precisan para o seu idóneo funcionamento".

Neste sentido, apuntan á situación nos persoais da Policía Local e os Bombeiros, nas que, segundo o goberno municipal, existe "unha notable escaseza de recursos humanos que obriga a recorrer a horas extras" especialmente durante os meses de verán.

Así as cousas, o acordo que tamén regula a contía da hora extraordinaria, que queda fixada en 24 euros despois dun cálculo no que se tivo en conta os salarios dos persoais municipais, explica o executivo local.

"Ata agora, as horas extras tiñan unha remuneración que era inferior ao dunha hora convencional. E isto era unha aberración porque impedía que o persoal, especialmente o cualificado, as fixera", engade o goberno, que cre que este axuste fai "atractiva" a posibilidade de facer horas extraordinarias.

Así mesmo, tamén eliminan o tope máximo de horas extras anuais para que "sempre se poidan cubrir as necesidades que existan", incide o goberno antes de lembrar que están en marcha convocatorias de emprego para os persoais de bombeiros e policía local.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Concello de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta