Sanidade reclama estender o uso do certificado de vacinación e unha reunión monográfica sobre Atención Primaria

O conselleiro pediu "unha vez máis" ao Ministerio que dispoña de "novas unidades" ante a carencia de profesionais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reiterou este mércores a súa petición ao Goberno central de estender e implementar o uso do certificado dixital de vacinación "máis aló de viaxes internacionais".

Así llo trasladou á ministra de Sanidade, Carolina Darias, no seo do Consello Interterritorial de Saúde, no que á súa vez lembrou que o Executivo estatal pospuxo o debate sobre esta cuestión ata alcanzar a barreira do 70 por cento da poboación vacinada.

En Galicia, a Xunta implantou esta medida como requisito para acceder ao interior de establecementos de hostalaría e lecer nocturno, obrigación que posteriormente anulou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Doutra banda, Comesaña solicitou xunto a outros conselleiros autonómicos unha reunión monográfica do consello interterritorial sobre Atención Primaria, ante o problema de "carencia de profesionais" que afecta a todo o territorio.

"É unha prioridade para Galicia que o Ministerio revise os criterios de acreditacións das unidades de docencia para ter a oportunidade de formar a máis especialistas de médico de Familia e Comunitaria", sinalou o titular de Sanidade.

Por iso, pediu "unha vez máis" ao Ministerio que dispoña de "novas unidades" ante a carencia de profesionais en Atención primaria "que afecta a todo o país".

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, na rolda de prensa posterior ao comité clínico. ANA VARELA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, na rolda de prensa posterior ao comité clínico. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta