GC Aberto

Por que non temos Médicxs?

Por admin | GCAberto | 26/08/2021

Comparte esta noticia

“Hai persoas que observan as regras do honor como quen observa as estrelas, dende moi lonxe”. (Os Miserables : Victor Hugo, 1802-1885, escritor do romanticismo francés).

Arquivo - Sanitarios traballando nunha UCI. ÁREA II DE SAÚDE - Arquivo
Arquivo - Sanitarios traballando nunha UCI. ÁREA II DE SAÚDE - Arquivo

Nos últimos tempos, o Sr. Feijoo, o Sr. Comesaña e diferentes responsables da Sanidade Pública, dinnos “que non podemos poñer substitutxs nas consultas de Atención Primaria, porque non temos Médicxs”... a pregunta que nos facemos todxs é: a que se debe, que algo tan importante como é a Saúde (probablemente o máis), non conta cxs profesionais axeitadxs para realizar esta labor?

Dende hai 12 anos, a política sanitaria na Galiza, está caracterizada polos recortes: a crise do 2008, dou pé a facer unha diminución de orzamentos que afectaron tanto a profesionais como as infraestructuras; e con esta disculpa: vale todo. Chegou a Pandemia, e todo empeorou. Pero esta dinámica, ó que leva é a descapitalización do Sistema Sanitario, algo que vai custar moitos anos recuperar (se o facemos...sabendo que para algúns/has xa é irreversible).

Indiquémoslle ao sr Feijoo as causas da falta de profesionais (que el xa as sabe de sobra, pero non actúa en consecuencia): profesionais pouco incetivadxs para realizar un traballo vocacional, unha administración que non ten órganos de decisión para realizar a carteiras de servizos e que non aprecian a Sanidade Real, por non estar cercanos aos problemas da xente. Falta de estabilidade no traballo: sabemos de contratos por horas, por días (cando se vai estar meses) ou contratos parciais para substitucións longas. Que profesional traballaría nunha empresa, que paga pouco (estamos na cola das CCAA), non dá estabilidade laboral e non prestixia unha profesión que require da máxima dedicación, compromiso e dificultade técnica, para non cometer erros, que podan costarlle morbilidade ou incluso mortalidade a outra persoa?

Feijoo leva 12 anos xestionando unha sanidade que xa tiña moitos problemas no 2009: baixo orzamento, previsión de xubilacións de moitxs profesionais, non facilitar a prolongación da vida laboral, desprestixiar a profesión ca idea de fomentar os seguros privados e a privatización sanitaria, pouco apoio a formación e a investigación. Despois de tanto esforzo, o resultado é: salarios baixos e inestabilidade,..calquera profesional que acade o título de Médicx, Enfermeiro/a, Psicólogx, etc. se non é consideradx na sua profesión e non ten estabilidade, busca lugares onde si prestixen o seu traballo: Portugal, Gran Bretaña, Alemania, etc. captan traballadorxs sanitarios e non pagan un peso pola súa formación (só necesitan un/ha traductor/a uns meses e xa teñen un/ha grandísimx profesional nos seus Centros de Sáude). É impresentable para un País como Galiza, formar a profesionais, co gasto que iso conleva, para logo marcharse a outros lugares a exercer.

A falta de previsión de factores como a xubilación, vacacións, enfermidades, mortes, abandonos, non pagar o suficiente e dar estabilidade: é responsabilidade de quen a xestiona!

Un Sistema Sanitario Público, debe contar con orzamentos suficientes (nós exiximos o 25% do total e estamos no 12%). Debe ter profesionais acreditadxs: cada ano preséntanse o MIR 30.000 Médicxs, para 3.000 prazas (redondeando). Sr. Feijoo: onde están xs outrxs 27.000 Médicxs que non acadan a praza que oferta o ministerio? Como que non hai médicxs? Hainos e moi bxs, o que sucede é que están en Sistemas Sanitarios que valoran o seu traballo: ou pensa que por igual salario e estabilidade (e dignificación) a xente marcharía a traballar a sitios lonxanos?

E xa non digamos, se BOCAZAS como Telmo (alcalde de Sanxenxo e líder do PP) ou Jácome (alcalde ínclito de Ourense apoiado polo PP) fan unhas declaracións extemporáneas en contra dxs profesionais sanitarixs.

É un escándalo apoiarse nunha falacia para consolidar unha estratexia: a Sanidade Pública

custou moito conseguila, é o ben máis preciado que temos e non podemos permitir que xente sen escrúpulos a deteriore día a día. Defendámola (a pesar de ter maiorías absolutas).

Dr. Xosé M.a Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pasaron xa dous anos dende a demisión en bloque de 21 Xefes de Servizo na Área Sanitaria de Vigo, qué foi deles ? Quen ocupou os seus postos de xestión médica ? O colaboracionismo cun SERGAS privatizador semella estar á orde do día nos colectivos profesionais na Galicia ? Como é posible que teñamos que agardar 15 días para unha primeira consulta co noso médico de cabeceira e sigamos como se nada pasara ? Algo está a mudar na Profesión Médica na Galicia ? Ogallá non sexa así... e chegue o día que recuperemos a cordura ! Polo ben de todos e a Saúde Pública !