Música e gastronomía a bordo: volve unhas das experiencias máis populares do Festival Revenidas

O festival de Vilaxoán de Arousa ofrecerá de novo os seus Concertos a bordo, despois de dous anos de parón.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 26/08/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Os Concertos a bordo, unha das experiencias máis reclamadas do Festival Revenidas, volverán a ofertarse o 11 e 12 de setembro. Despois de dous anos sen organizar esta actividade, o festival de Vilaxoán de Arousa botará a navegar o Chasula, unha embarcación tradicional na que os asistentes poderán gozar de música ao vivo e degustar produtos gastronómicos galegos. 

Os artistas Zeltia e Migui Carballido nun Concerto a Bordo
Os artistas Zeltia e Migui Carballido nun Concerto a Bordo | Fonte: Festival Revenidas

Pauliña, Dakidarría, Xiana e Andrea (da Banda da Loba), Jásper e Nébeda, Sofía Espiñeira e Leo e Arremecaghonaconá serán os seis grupos que subirán a bordo do Chasula. En total, 3 saídas o sábado 11 e outras 3 o domingo 12. 

Trátase de concertos íntimos e exclusivos, nos que o aforo será de 10 persoas, cumprindo en todo momento as medidas sanitarias correspondentes. 

As entradas para asistir poderán adquirirse a partir deste venres 27 ás 12.00 horas na páxina web do Festival Revenidas, por un prezo de 20 euros máis gastos de xestión. Para os menores, o prezo será de 12 euros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta