Os casos por COVID soben a 121 en residencias tras 11 positivos no centro de San Vitorio en Baralla

Con respecto aos centros de discapacidade, o número de total de usuarios contaxiados mantense en 51.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Os casos de covid en residencias de maiores subiron ata os 121 positivos tras notificarse 11 novos casos na residencia de maiores San Vitorio de Baralla. Ademais, un dos casos, no centro Santa Marta de Vigo, quedou negativizado.

Tal e como informou o Sergas, o total de casos activos en residencias complétase con 72 infeccións no centro das Gándaras, 27 na residencia García Irmáns de Betanzos, catro na de Santa Marta de Vigo e tres na residencia de Soremay de Pontevedra.

Ademais, aínda queda un caso activo na residencia DomusVi Matogrande, na Santo Estebo de Perlío, outro na de Ribadeo e un máis na residencia de Val de Monterrei.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, o número de total de usuarios contaxiados mantense en 51, con 48 usuarios contaxiados no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela, e outro tres usuarios no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo.

ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE EN RESIDENCIAS

Por outra banda, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou este xoves a importancia de que os maiores que residen en residencias recuperan as actividades ao aire libre e realicen un ritmo de vida activo.

Así se expresou Abeijón esta mañá, na que acompañou a usuarios da residencia pública de maiores da Estrada durante unha excursión en catamarán pola ría de Arousa.

Segundo sinalou a Consellería de Política Social nun comunicado, os usuarios da residencia da Estrada puideron realizar unha degustación de mexillóns durante a viaxe en catamarán, que partiu do porto do Grove. Tras a ruta, a visita continuou cunha comida no restaurante Brandomil de Vilanova de Arousa e un paseo pola praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa.

Lugo. Brote de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras con 49 residentes afectados. O centro é de titularidade pública e dependente da Xunta. Na imaxe, unha traballadora atende a un familiar ás portas do centro.. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press
Lugo. Brote de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras con 49 residentes afectados. O centro é de titularidade pública e dependente da Xunta. Na imaxe, unha traballadora atende a un familiar ás portas do centro.. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta