Os ceos despexados do venres pola mañá darán paso a choivas, treboadas e néboa pola tarde

Agárdanse néboas no litoral e treboadas no interior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

Os ceos despexados que deixarán lucir o sol durante a mañá deste venres en Galicia darán paso a unha tarde na que se esperan néboas costeiras no litoral atlántico e treboadas no interior. Segundo a predición de Meteogalicia, Galicia seguirá baixo a influencia de altas presións, aínda que con algo de aire frío en capas altas da atmosfera que traerán inestabilidade.

Deste xeito, espérase que o venres arrinque con ceos despexados en case toda a comunidade, unha situación que cambiará a medida en que pasen as horas.

Así, haberá choivas treboentas no interior e bancos de néboa persistentes na costa altántica. As temperaturas non presentarán cambios e volverán subir por encima dos 30 graos en moitos puntos.

O vento soprará frouxo de dirección variable con excepción do litoral norte, onde será moderado e de compoñente oeste.

Treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo
Treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta