Galicia, segunda comunidade que máis certificados COVID Dixital da UE reparte respecto da súa poboación

España emitiu máis de 21 millóns de Certificados COVID Dixital da UE

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 26/08/2021 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis certificados COVID Dixital da Unión Europea repartiu respecto da súa poboación. Así, o 62,69% da poboación galega ten este certificado, cifra que só mellora Canarias co 63,57.

España emitiu ata a data un total de 21.069.583 Certificados COVID Dixital da UE, dos que 20.186.693 son CCD-UE de vacinación, 456.646 de recuperación e 426.244 de proba diagnóstica.

Un dos principais obxectivos deste sistema é facilitar a mobilidade e circulación seguras entre os países membros da Unión Europea. Neste sentido, 1.303.977 viaxeiros beneficiáronse da vía de acceso a España Fast Control en aeroportos, utilizando o seu Certificado na aplicación SPTH, mintas que, en portos, contabilizáronse un total de 10.404 accesos Fast Control.

Ademais, o Ministerio de Sanidade atendeu máis de 94.505 chamadas de viaxeiros e cidadáns ao servizo de atención telefónica e 52.975 correos electrónicos sobre o uso da aplicación SpTH+ e a emisión de certificados.

As comunidades autónomas que máis certificados emitiron en relación á súa poboación son Canarias (63,57%), Galicia (62,69%), Cataluña (59,58%), Comunitat Valenciana (59,13%) e País Vasco (45,92%), todas elas por encima do 45% e da media nacional que se sitúa no 44,4%, actualmente.

Todos os cidadáns españois poden acudir ás súas comunidades e cidades autónomas para solicitar o CCD-UE de maneira presencial e/ou electrónica nas súas tres modalidades: vacinación, recuperación e proba diagnóstica. O formato electrónico é o maioritariamente elixido os cidadáns.

Estas cifras, que son remitidas semanalmente á Comisión Europea, confirman o alto interese da poboación na obtención do Certificado COVID Dixital da Unión Europea, un elemento fundamental para incentivar a mobilidade segura e facilitar a recuperación económica do noso país e do espazo común europeo.

A súa emisión é gratuíta e realízase electronicamente ou en papel, a través das comunidades autónomas. Ademais, na sede electrónica do Ministerio de Sanidade pódese obter o certificado nas modalidades de vacinación e recuperación da enfermidade en formato dixital e Passbook. Así mesmo, as persoas vacinadas por Sanidade Militar poden conseguilo a través do Ministerio de Defensa.

Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (España). César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (España). César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta