A paralización das obras de Panamá afectará a NGB

O xa banco galego podería sufrir apuros se a súa matriz, Banesco, ten que sufragar a débeda bancaria do consorcio que lidera Sacyr. O administrador da Canle avanza que as obras serán paralizadas.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/01/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Hai poucas semanas que dirixentes da Xunta saltaban de alegría pola decisión do Goberno español de aceptar a oferta do banco venzolano Banesco por Novagalicia Banco. Unha oferta que, insistiu o Goberno galego, garantía os postos de traballo e a súa sede en Galicia.

Obras de ampliación da Canle de Panamá
Obras de ampliación da Canle de Panamá

Pero o xa banco galego podería ter serios problemas se non se resolve o conflicto aberto en Panamá, entre o Grupo Unidos por el Canal (GUPC) e o goberno deste país, para continuar as obras da Canle. E é que Banesco é o garante da metade da débeda bancaria por importe duns 115 millóns de dólares, que supera os 230 millóns de dólares.

Graves apuros de afrontar a débeda

De continuar as diferencias entre GUPC e o Goberno panameño, Banesco tería que afrontar ese pago. Unha situación que poría nun grave apuro o vanco venezolano porque o seu patrimonio, ao tipo de cambio do Bolívar no mercado negro é duns 183 millóns de dólares. 

Por iso, hai certo temor entre sectores financieiros a que non poida afrontar eses 115 millóns de dólares de perdas no caso de que a GUPC. E mesmo non se descarta que, logo de que o FROB teña saído ao rescate de Novagalicia Banco, non haxa que rescatar, tamén agora, ao banco venezolano que se fixo con ela.

Situación complicada

Sacyr ocultou á Comisión Nacional do Mercado de Valores a crítica situación que vive en Panamá, onde mantén un pulso coas autoridades da Canle que non queren recoñecerlle sobrecustos que cifra en 1.600 millóns de dólares, dunha obra que gañou un consorcio no que ten o 48% do capital, cunha oferta de 3.353 millóns de dólares. Desta oferta, a 30 de setembro ingresara 1.945 millóns, co 64% do total realizado. 

O consorcio que comanda Sacyr ameazou con deixar as obras se non se atenden as súas reclamacións. Unhas presións que rexeitou a Autoridade da Canle de Panamá (ACP) de xeito categórico o que obrigou, mesmo, ao Goberno español a intervir na crise para rebaixar tensión.

Malas novas

Con todo, esta mediación non logrou que as obras se poidan paralizar e que Panamá busque outro consorcio para rematar as obras. Así o adiantou este xoves o administrador da Canle, Jorge Quijano, aos medios locais. "Posiblemente se paralicen --as obras- a próxima semana debido a que aínda non se logra un acordo co consorcio encargado da obra", apuntou cando só quedan catro días para que se cumpra a ameaza de suspensión.

 

"Xa se nota que non é a mesma actividade agora na Canle que a que se tiña hai dous meses. Moitas actividades xa se pararon", engadiu. "Até o momento non hai ningunha solución por parte deles --Sacyr--. Definitivamente non temos nada positivo e isto non pode seguir así; así que a próxima semana haberá decisións dunha maneira ou outra", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ezsf

Sacyr debe 7000 millóns de euros a grande banca española, miramos o dedo, pero non a quen sinala.