Agárdanse, para este sábado, ceos pouco nubrados e baixada de temperaturas

O litoral atlántico quedará novamente afectado polas néboas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Galicia terá este sábado unha xornada de ceos pouco nubrados en xeral, con algunha nube de evolución pola tarde, e con baixada de temperaturas, descenso máis acusado nos valores máximos.

Segundo a predición de Meteogalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, a comunidade quedará nunha zona de transición entre altas presións (situadas ao norte das Illas Británicas) e as borrascas atlánticas.

Así, espérase unha xornada de ceos pouco nubrados, con formación de nubes de evolución pola tarde en zonas de interior, que mesmo poden deixar algunha treboada illada. O litoral atlántico volverá estar afectado polas néboas.

O vento soprará frouxo do nordeste, con intervalos fortes entre Ortegal e Estaca de Bares. As temperaturas experimentarán un descenso, máis acusado as máximas, que oscilarán entre os 34 graos previstos en Ourense e os 22 de Vigo; mentres que as mínimas estarán entre os 16 graos de Vigo, Ourense ou Santiago, e os 18 da Coruña.

Mapa da previsión de Meteogalicia para a tarde do 28 de agosto de 2021.. METEGALICIA
Mapa da previsión de Meteogalicia para a tarde do 28 de agosto de 2021.. METEGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta