Comezou a vendima en Valdeorras

O Consello Regulador da D.O .Valdeorras, tras a reunión do venres 27 de agosto, aprobou as normas da vendima 2021 para vedores, adegas e explotadores. Valdesil será a primeira adega en iniciar os traballos.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 30/08/2021 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Os traballos de recollida da uva iniciáronse en Valdeorras nesta derradeira fin de semana de agosto. A adega Valdesil foi a primeira, comezando xa o sábado 28.

Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras (27 agosto 2021). Fonte: Prensa CRDOV
Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras (27 agosto 2021). Fonte: Prensa CRDOV

Segundo sinalou o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, Agárdase que a colleita sexa “óptima, tanto en cantidade coma en calidade”. O organismo agarda poder superar os 5,5 millóns de quilos de uva recollidos na pasada campaña nunha vendima que se estenderá, posiblemente, ata outubro.

O Pleno do Consello Regulador --reunido o pasado venres 27 de agosto en Vilamartín de Valdeorras-- acordou, coma en anos anteriores, a contratación de vedores para a vendima 2021 a través dunha empresa de traballo temporal. Xunto a iso, aprobou as normas para a vindeira campaña tanto para estes vedores, como para adegas e explotadores.

O organismo informa tamén que en tempo de vendima, en concreto entre o 15 de setembro e o 17 de outubro, suspenderanse as catas que, con regularidade, se realizan nas instalacións do Consello Regulador en Vilamartín de Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta