Sanidade prorroga a solicitude de autocitas para mozas de entre 12 e 19 anos ata este domingo

Segundo indican, nesta ocasión a afluencia non foi tan masiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou de que prorroga o prazo de solicitude de autocitas para a vacinación dos mozos de entre 12 e 19 anos ata este domingo. A vacinación mediante autocitas para esta franxa de idade comeza este luns e estenderase ata o martes, para o que o venres o departamento da Xunta puxo a disposición dos mozos 25.000 ocos.

O prazo para solicitar estas citas terminaba, en principio, ás 00,00 horas do domingo para os ocos do luns, mentres que para o martes 31, o prazo será ata as 00,00 horas do luns. Con todo, Sanidade sinalou que decidiron alongar o prazo da primeira quenda durante toda a xornada do domingo.

E é que pese ao éxito das autocitas en ocasións anteriores --cando mesmo chegou a colapsar o sistema polo aluvión de solicitudes recibidas--, nesta ocasión, a afluencia non foi tan masiva. A última hora da tarde do sábado, o Sergas cubrira 10.000 ocos do total dispoñible.

Os maiores de 20 anos tamén contarán coa opción da autocita o vindeiro venres 3 de setembro, con 30.000 ocos que se poderán solicitar ata 48 horas antes.

Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (España).. César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (España).. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta