Unha mesa abordará o éxito do "Galician Noir" no Celtic Media Festival

A CRTVG conta con once candidaturas que optan ás distintas categorías dos premios do festival.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2021 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Unha mesa de debate abordará o éxito das producións englobadas baixo a etiqueta 'Galician Noir' no Celtic Media Festival, que se celebrará do 7 ao 9 de setembro de forma exclusivamente virtual. No coloquio participarán representantes dalgunhas das produtoras que fixeron dos thrillers ambientados en Galicia un dos xéneros que maior éxito están a cultivar en pantallas e plataformas de contidos.

A mesa contará coa participación do responsable de contidos da CRTVG, Fernando R. Ojea, que estará acompañado por Alfonso López (Portocabo), Mike Ellen (Freedom Scripted), Borja Pena (Vaca Films) e Ghaleb Jaber (CTV Produccións).

Ademais, a CRTVG conta con once candidaturas que optan ás distintas categorías dos premios deste festival, no que competirán con producións doutras corporacións europeas como a BBC.

Así, 'Os castros' está nomeada á sección de historia, 'Malicia noticias' en entretemento baseado en feitos reais, 'Desmontando Galicia' en televisión real, 'Un canto á vida' en entretemento e 'Aquelando na casa' en programación infantil. Tamén acoden como finalistas 'Ruta Amodiño' na cateogría de actualidade, 'Máis ca vida' en documental, 'Auga seca' en series e a película 'A illa das mentiras' en drama.

A novidade desta edición do Celtic Media Festival é a selección de programas da Radio Galega entre as candidaturas dos premios. 'Pensando en ti' e 'Convivir deportivo' optan a levar un dos galardóns nas categorías de producións radiofónicas.

'A illa das mentiras'.
'A illa das mentiras'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta