Rescatan a un pescador que caeu nunha zona rochosa do porto de Malpica

O home precisou atención médica para as feridas que se produciu na cabeza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2021 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron a un home que caeu nunha zona rochosa do porto de Malpica de Bergantiños mentres pescaba. Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o incidente tivo lugar ás 18,00 horas deste luns.

Unha vez rescatado, o home necesitou atención médica para as feridas que se produciu na cabeza durante a caída.

Porto de Malpica
Porto de Malpica | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta