A Garda Civil formulou 50 denuncias na provincia da Coruña no control de embarcacións deportivas

Realizou xa máis de 200 inspeccións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O Servizo Marítimo e as patrullas de portos e costas da Garda Civil da Coruña manteñen ata o 15 de setembro a campaña de control de embarcacións deportivas, de recreo e de motos náuticas, segundo informa a Benemérita. Por infraccións, e nas máis de 200 inspeccións realizadas na provincia da Coruña desde o 1 de xullo, formuláronse un total de 50 denuncias.

Entre os obxectivos desta campaña están, explica, os de previr a navegación polas zonas prohibidas, prestando especial atención á vixilancia da zona de baño e navegación en lugares suxeitos a limitacións de acceso como son as augas do río Eume que contan con protección.

Por iso, lembra, necesítase autorización administrativa para realizar actividades deportivas e de recreo nas súas augas continentais. Tamén, engade, no río Mandeo, onde a navegación só está autorizada ás embarcacións que inicien navegación nas súas augas ou retornen aos seus puntos de atracada e fondeo habitual.

Igualmente a Garda Civil está a prestar especial atención á velocidade de navegación, "xa que nas entradas a portos e canles navegables a velocidade máxima regulamentaria é de só tres nós e en todo caso nunca superior á mínima velocidade que garanta o pleno goberno da embarcación ou moto náutica".

Outro dos aspectos que centra a atención da Garda Civil nesta campaña é comprobar que se respecta o número máximo de tripulantes a bordo establecido para cada embarcación.

Inspeccións en embarcacións deportivas. GARDA CIVIL
Inspeccións en embarcacións deportivas. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta