Crecen as licenzas para edificacións de nova planta, con case 200 concedidas en maio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

As licenzas para edificacións de nova planta concedidas en maio en Galicia ascenderon a un total de 187, segundo o informe publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que destaca o aumento respecto do ocorrido hai un ano.

Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 152 obras de rehabilitación e 14 para obras de demolición de edificios.

Estas licenzas permitirán construír 240 novas vivendas, precisa o IGE. O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 53 e as vivendas a demoler serán 17. A variación neta do parque de vivendas este mes foi, por tanto, positiva (276 novas vivendas).

En relación ao ocorrido doce meses antes, o número de edificios a construír de nova planta aumentou en 36 unidades: 187 en maio de 2021 fronte a 151 en maio de 2020.

O número de vivendas a construír destas características diminuíu en 302 unidades en relación ao rexistrado hai un ano. Mentres, o de edificios a rehabilitar é maior que o rexistrado doce meses antes: 152 en maio de 2021 fronte aos 132 de maio de 2020.

Bloques de pisos
Bloques de pisos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta