Baixan a 77 os casos de Covid en residencias de maiores tras recibir o alta 33 usuarios das Gándaras

Os contaxiados no CAPD de Chapela-Redondela baixan de 48 a 12, ao recuperarse da enfermidade 36 usuarios.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 31/08/2021 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O número de casos de Covid nas residencias de maiores baixou nas últimas horas de 109 a 77, tras recibir o alta 33 usuarios do centro As Gándaras de Lugo e notificarse un novo positivo, o dun usuario de DomusVi Coruña (Oleiros).

Deste xeito, redúcese case na metade o número de contaxiados por Covid nas Gándaras, a maior residencia de maiores da provincia de Lugo, que chegou a ter 72 casos positivos da enfermidade.

Así, neste centro quedan 39 residentes con Covid, mentres que hai outros 20 na residencia García Irmáns de Betanzos. Por outra banda, quedan 11 casos na residencia San Vitorio de Baralla, 4 en Santa Marta de Vigo, un na residencia de Ribadeo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene, e un en DomusVi Coruña (Oleiros).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, tamén se rexistrou un descenso notable no número de persoas contaxiadas, xa que recibiron o alta epidemiolóxica 36 usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela.

Deste xeito, no centro redondelano pasouse de 48 a 12 casos; mentres que segue habendo 2 usuarios contaxiados por Covid no Fogar e Clínica San Rafael.

Foco de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras / CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS
Foco de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras / CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta