Pontón pide a Feijóo porse "ao lado" dos intereses de Galicia e soltar o "ganchete do lobby eléctrico"

A líder dos nacionalistas galegos lembrou ao Executivo que preside Pedro Sánchez "que é a súa responsabilidade frear esta escalada" dos prezos da enerxía, polo que lle pediu que cambie a lexislación "que fixo o Partido Popular a medida dos intereses do lobby enerxético".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo a soltar "o ganchete do lobby eléctrico" e porse "ao lado dos intereses de Galicia" e impulsar iniciativas que permita facer fronte á "estafa" da factura da luz.

Nun acto en Poio, Ana Pontón denunciou que "a factura da luz é unha estafa "legalizada no Boletín Oficial do Estado" e asegurou que é "infumable" que a resposta do Goberno español "que se di progresista" se limite a dicir "que as eléctricas ten pouca empatía social".

A líder dos nacionalistas galegos lembrou ao Executivo que preside Pedro Sánchez "que é a súa responsabilidade frear esta escalada" dos prezos da enerxía, polo que lle pediu que cambie a lexislación "que fixo o Partido Popular a medida dos intereses do lobby enerxético".

Na súa intervención, advertiu de que o incremento da factura eléctrica esta "afogando" ás familias e a moitos sectores e está "a pór en risco a recuperación económica nun momento clave". Ademais, dixo que "esta estafa en Galicia é dobre" xa que, segundo explicou, esta Comunidade é "altamente produtora de enerxía eléctrica" e non ten "ningún tipo de beneficio por unha riqueza colectiva", unha actuación que cualificou de "espolio".

A portavoz nacional do BNG insistiu en que a Galicia lla "penaliza" no canto de ter compensación polos custos ambientais que supón a xeración de enerxía eléctrica por pediuno unha "resposta" por parte da Xunta.

O Bloque pretende implantar unha tarifa eléctrica galega para abaratar o custo da enerxía nesta autonomía, pór en marcha unha compañía pública galega que recupere para o ámbito público as concesións que vaian caducando, e tamén "impulsar desde Galicia unha reforma da lei eléctrica para que acabemos con eses beneficios caídos do ceo".

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG (Bloque Nacionalista Galego) no Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.. CÉSAR ARXINA
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG (Bloque Nacionalista Galego) no Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.. CÉSAR ARXINA | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Os fondos europeos serán destinados ao coche eléctrico que teremos que cargar a pedales ! Para cando teñamos unha Empresa Pública de Electricidade xa estaremos tesos ! E sobre a tarifa eléctrica galega algúns volven aos mesmos erros do pasado... http://gamela00.blogspot.com/2017/0... Parole, parole, parole... mentres eles seguen a vivir das Institucións !