O PP marca como obxectivo recuperar os gobernos municipais de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e a Deputación

Alfonso Rueda anunciou que haberá cambios no equipo que lle acompañará á fronte da executiva provincial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Alfonso Rueda optará a revalidar o seu cargo como presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra no congreso que se celebrará o próximo 18 de setembro e no que fixará como obxectivo as eleccións municipais do ano 2023 nas que tratarán de recuperar os gobernos locais de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e a Deputación.

"Non renunciamos a nada", dixo sobre os 61 concellos da provincia, nun almorzo informativo cos medios de comunicación de Pontevedra, no que estivo acompañado polo presidente local do PP, Rafa Domínguez, e o secretario xeral do partido, José Manuel Cores Tourís.

Rueda asegurou que son "o partido con maior número de concellos e con máis concelleiros". De face á próxima cita electoral, sinalou que queren "mellorar". "E a iso ímonos a dedicar para recuperar tamén a Deputación", sentenciou.

Alfonso Rueda, que é o único candidato a presidir o partido a nivel provincial, destacou o "intenso traballo de renovación" dos populares nos últimos anos e dixo estar orgulloso por conservar o partido unido ademais do traballo na captación de afiliados, máis de 1.500 novos na provincia, o que eleva a máis de 30.000 o número total. A terceira parte dos afiliados do PP son da provincia de Pontevedra.

Por outra banda, avanzou que haberá cambios no equipo que lle acompañará á fronte da executiva provincial. Entre outros, José Manuel Cores Tourís deixará de ser, tras cinco anos no cargo, o secretario xeral do Partido Popular na provincia para dedicarse a "recuperar O Salnés, comarca tradicionalmente do PP" na que, actualmente, só gobernan en dous dos seus nove municipios.

O presidente do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, cos apoios para o congreso provincial do partido. HERNANDEZ.M.A
O presidente do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, cos apoios para o congreso provincial do partido. HERNANDEZ.M.A | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta