O Concello da Coruña non recorrerá a sentenza por vulnerar o dereito de participación da Marea

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou, a preguntas dos medios, que o consistorio non recorrerá a sentenza contra o goberno local por vulnerar o dereito de participación da Marea Atlántica.

Durante o pleno do pasado 24 de febreiro, a alcaldesa denegou "oralmente" a posibilidade de debater 10 emendas presentadas pola Marea, alegando que poderían afectar os gastos orzamentarios, que xa pasaran por Intervención.

"Como xa se comentou nese momento, tomouse a decisión plenaria pensando que era o mellor para poder sacar adiante os convenios e que as entidades e asociacións puidesen facer fronte aos seus gastos e seguir desenvolvendo as súas actividades", explicou a rexedora herculina sobre aquela decisión na comparecencia para informar os asuntos da Xunta de Goberno.

A alcaldesa dixo que tomou esa decisión "amparada nos informes municipais que o avalaban naquel momento". Aínda que considerou que a sentenza "mantén outro argumento", Inés Rei subliñou que é "absolutamente respectuosa cos pronunciamentos xudiciais".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei.. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei.. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pasou o día e pasou a romaría... non si...?