O comité de Alu Ibérica denuncia o risco de cortes de luz na factoría por impagos

Insta ao Goberno a convocar "canto antes" a reunión prevista para este mes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Alu Ibérica instou ao Ministerio de Industria a convocar "canto antes" a reunión prevista para este mes ante a situación da planta, nun comunicado no que denuncia tamén que foron informados o administrador xudicial do posible corte da electricidade por "falta de pagamentos que deixou o Grupo Riesgo".

"Esta é a segunda vez que o comité de empresa traslada esta preocupante situación ao Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia", sinala nun comunicado no que lembra que xa houbo unha "ameaza de corte de luz" en agosto que se chegou a parar. Tamén explica que, nestes momentos, está a negociarse para cambiar o contrato a unha nova empresa comercializadora, aínda que insta á eléctrica EDP a "recapacitar".

Por outra banda, lembra que o persoal continúa, ante a inactividade da planta, con licenza retribuída e, dada a situación, insta a Xunta e Ministerio de Industria a tomar "as rendas" e buscar unha alternativa para pola activa.

Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press
Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta