Catro anos de cárcere por maltratar á súa parella: "decidía a que hora tiña que comer ou deitarse"

O home tamén tería abusado da filla da muller e ameazado á súa nai.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Un home aceptou unha pena de catro anos de cárcere --xa leva dous en prisión --, así como o pago dunha indemnización ás vítimas de 21.000 euros, no xuízo fixado para este xoves na Audiencia Provincial da Coruña.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

O home, de nacionalidade estranxeira e que aceptou tamén a súa expulsión de España por dez anos, asumiu ser culpable dos delitos de ameazas e abusos sexuais, así como dous de malos tratos, tres de vexacións, dúas de relevacion de segredos e un delito contra a integridade moral.

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Fiscal solicitaba penas que sumaban 20 anos e oito meses de cárcere para o home, acusado de maltratar á súa parella sentimental, abusar da filla dela e ameazar á nai da primeira para que abandonase o domicilio.

Segundo sostén, o procesado mantivo unha relación sentimental coa muller, residindo no domicilio familiar sito na Coruña xunto á filla, menor de idade, e a avoa, desde outubro de 2018.

Tras pasar uns 15 días de iniciar a convivencia, empezou a controlar os horarios da parella, "decidindo a hora en que tiña que comer ou deitarse, impedíndolle manter conversacións con amigos, quedar con eles ou con familiares, illándoa da súa contorna habitual, especialmente da súa familia".

"Só quería que se relacionase con el, criticaba a súa forma de vestir e cando se enfadaba rompía obxectos, daba golpes, insultábaa", engade o Ministerio Público, que relata que tamén controlaba o teléfono da vítima que tiña unha actitude de "sometemento".

A iso, suma comportamentos violentos cara a ela tanto en 2019 como en 2020. Por outra banda, indica que tamén controlaba o móbil da filla da muller, á que insultaba e á que, engade o fiscal, realizoulle tocamentos despois de iniciar a convivencia no domicilio familiar.

Así mesmo, explica que mantiña unha "conduta vexatoria, ameazante e agresiva" coa nai da súa parella e avoa da menor co fin de que abandonase o domicilio familiar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta