A vacinación en Galicia segue avanzando con outras 30.000 pautas completas

O 76'7% da poboación galega está xa inmunizada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Galicia avanza no proceso de inmunización contra a Covid-19 da poboación, posto que nas últimas horas outras 30.868 persoas completaron a pauta contra o coronavirus. Así, os galegos inmunizados ascenden a 2.070.868 persoas, o que supón o 84,4% da poboación diana e o 76,7% da xeral.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este xoves (con datos solicitados ata as 18,00 horas do mércores), a Comunidade recibiu 4.190.475 doses, das que administrou xa o 98,41% --4.124.258 vacinas, concretamente--.

Dos datos dedúcese que a última xornada centrouse na inoculación de segundas doses, con máis de 30.000 picadas máis para este fin das 31.153 vacinas que se picaron este mércores. Por grupos de idade, un total de 1.646.047 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada, un 95,7% da poboación diana desa franxa. No grupo etario de 30 a 39 anos, 256.656 persoas foron vacinadas, un 79,4%.

Outros 181.596 mozos de entre 20 e 29 anos tamén recibiron, como mínimo, a primeira picada, o que representa o 78,7% da súa poboación diana. Entre os máis pequenos, no grupo de entre 10 e 19 anos, 160.754 mozos e mozas foron vacinados.

VULNERABILIDADE E PROBABILIDADE DE EXPOSICIÓN

Ademais, por vulnerabilidade, un total de 59.927 persoas recibiron a primeira dose da vacina, mentres 59.452 completaron xa a pauta contra a covid-19. Por probabilidade de exposición, outros 145.436 galegos contan coa primeira picada e 143.727 están xa inmunizados. En total, 2.245.053 galegos recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, o que representa un 91,5% da poboación diana e un 83,1% da xeral.

Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta