Gonzalo Caballero, a Feijóo: "a Xunta equivocouse en varias cuestións este verán"

Insta ao líder do executivo autonómico a depoñer a Comesaña no caso de que non "resolva os problemas que creou".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu este xoves á Xunta que "chegue a acordos coa hostalaría para pór en marcha novos protocolos". "É hora de que sacar un protocolo consensuado coa hostalaría no que o Goberno autonómico asuma as responsabilidades", reclamou.

Caballero asegurou que "a Xunta equivocouse en varias cuestións este verán, como a de non pedir autorización ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para implantar o uso do certificado covid. Ou que, ante a posterior petición, o TSXG tombase esta medida". "O proceso de vacinación en España vai como un tiro, pero a Xunta non fai os seus deberes. Non hai os acordos que se esperaban esta semana e agora din que se producirán ao longo do mes; non se pode actuar así ante un sector que demonizaron", sostivo.

O líder socialista reiterou que "agora que Feijóo volve das vacacións despregue un conxunto de axudas aos locais para implementar todas as medidas que sexan necesarias". Tamén criticou a función do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. "Ou Feijóo o pon a resolver os problemas que creou, ou terá que tomar medidas drásticas cun conselleiro de Sanidade que non funciona á hora de fortalecer a atención primaria nin tampouco para marcar as medidas de seguridade", concluíu.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa no Parlamento galego. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa no Parlamento galego. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta