O comité de Alu Ibérica denuncia impago de nóminas e alerta de cortes de luz na planta da Coruña

Alerta da "mala situación" na planta e urxe unha reunión con administracións.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/09/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Alu Ibérica na planta da Coruña, Juan Carlos López Corbacho, cualificou de "urxente" unha reunión coas administracións ante a "mala" situación na planta.

Así o expuxo con motivo dunha nova concentración de traballadores ante a Delegación do Goberno en Galicia no marco das mobilizacións que están a levar a cabo. De novo, o presidente do comité requiriu ao Ministerio de Industria a convocar canto antes a reunión prevista para setembro de cara a buscar unha solución."Sexa a venda ou un escenario de reflotamento", dixo tras o cesamento temporal da actividade establecida pola Administración xudicial.

Como xa informaron o mércores a través dun comunicado, incidiu tamén na ameaza de corte da luz por parte da compañía eléctrica que a fornece e confirmou que se deu traslado á Audiencia Nacional para que as entidades financeiras "colaboren" para o pago da nómina dos traballadores. "Xa tiña que estar pagada a de agosto", engadiu Corbacho, quen cualificou de "preocupante" a situación e lamentou que "non haxa movementos" por parte das administracións.

Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press
Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta