A rexedora da Coruña insta ao sector turístico que colabore para situar a urbe en destinos internacionais

Inés Rey destacou a importancia de aproveitar esta crise para saír reforzados, e construír conxuntamente unha proposta turística de calidade.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/09/2021 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A rexedora da Coruña, Inés Rey, animou ao sector turístico a traballar conxuntamente nunha oferta que sitúe á cidade no mapa internacional de destinos.

Fíxoo durante a reunión que mantivo co sector co fin de presentar as principais liñas de traballo, baseadas na sustentabilidade, a dixitalización e a profesionalización do sector.

A reunión tivo por obxecto presentar xunto ao concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e ao novo xerente do Consorcio de Turismo, Moisés Jorge Naranjo, os principais eixos de desenvolvemento turístico e as liñas estratéxicas de traballo a partir deste momento para potenciar a cidade.

Inés Rey destacou a importancia de aproveitar esta crise para saír reforzados, e construír conxuntamente unha proposta turística de calidade "que nos sitúe de novo no mapa nacional e internacional mediante unha oferta única que atraia o novo turismo que está por chegar despois da COVID".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, nun encontro co sector turístico. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, nun encontro co sector turístico. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta