Navantia achégase a un contrato coa armada británica para construír tres novos buques

O consorcio que comparte con outras dúas empresas avanza outra fase no concurso pola adxudicación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2021 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O consorcio Team Resolute, no que participa Navantia xunto ás empresas de Reino Unido Harland & Wolff e BMT, é un dos catro que pasou á seguinte fase do concurso Fleet Solid Support (FSS) para deseñar e construír tres buques de aprovisionamento para a Royal Navy. O Ministerio de Defensa de Reino Unido lanzou a segunda fase do concurso, a Fase de Compra Competitiva (Competitive Procurement Phase, CPP).

Para iso, o Departamento de Equipamento e Apoio de Defensa asinará con cada un dos consorcios aspirantes un contrato de deseño, cada un deles por un importe inicial de ao redor de 5 millóns de libras esterlinas (5,8 millóns de euros). Os contratos de deseño anunciados polo Ministerio de Defensa de Reino Unido permitirán aos contendentes desenvolver as súas propostas para cumprir cos requisitos do programa, propostas que serán sometidas a avaliación e darán lugar á adxudicación do contrato.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visita as instalacións de Navantia en Fene. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visita as instalacións de Navantia en Fene. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta