Falecen dúas persoas que foran diagnosticadas con covid

Conforme sinalaron as autoridades sanitarias galegas, todos eles tiñan patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2021 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este venres do falecemento doutras dúas persoas, un home e unha muller, unhas mortes que elevan o total de vítimas mortais con covid en Galicia a 2.579.

Segundo informou o departamento autonómico, trátase dunha muller de 89 anos que perdeu a vida no Hospital de Monforte. Ademais, faleceu un home de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Conforme sinalaron as autoridades sanitarias galegas, todos eles tiñan patoloxías previas.

Un mozo recibe a primeira dose da vacina contra a covid-19
Un mozo recibe a primeira dose da vacina contra a covid-19 | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta