Feijóo defende a multa de só 100.000€ ás compañías eléctricas que baleiraron os encoros do Miño-Sil

Cualifica de "disparate ambiental" o baleirado de encoros que "non cumpren" a lexislación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, denunciou o estado dos encoros galegos que dependen da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. "Parécenos un disparate ambiental", remarcou. Por iso, insistiu na multa a estas empresas, incluída a CHMS, cunhas multas que non superan os 100.000 euros.

"Imos actuar na estreita marxe de competencias que temos", comentou, a par de que informou sobre o expediente aberto á propia Confederación Hidrográfica e ás dúas compañías eléctricas. "Foi un baleirado incorrecto que non cumpre coa lexislación no ámbito fluvial dos ríos de Galicia", apuntou.

Núñez Feijóo lembrou que os "técnicos, a dirección xeral de Conservación Natural e a Consellería de Medio Ambiente decidiron abrir o expediente". "Só temos competencia na preservación e o equilibrio ambiental en pesca fluvial", puntualizou.

Iso si, recoñeceu que lle "gustaría que a conca Miño-Sil dependese da autonomía". Ademais, puxo de exemplo que na conca baixo competencias da Xunta "non se fixo un baleirado dos encoros" e, de facerse, "sería ilegal".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visita o CEIP Sacro Corazón de Lugo.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visita o CEIP Sacro Corazón de Lugo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta