Un home de 77 anos morre nun accidente de tráfico en Pontevedra

O home faleceu no lugar do sinistro, a pesar dos esforzos do equipo sanitario desprazado en dúas ambulancias asistenciais, indica o 061.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 06/09/2021 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

Un home de 77 anos, JFR, faleceu nun accidente de tráfico ocorrido este luns na cidade de Pontevedra sobre as 11,30 horas, segundo informa o 061.

O accidente ocorreu na rotonda de Bora, nas proximidades da ITV, nunha colisión entre dous vehículos. Un particular alertou ao 112 para reclamar asistencia sanitaria. Foron avisados, entre outros, o 061, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Pontevedra e Protección Civil.

O home faleceu no lugar do sinistro, a pesar dos esforzos do equipo sanitario desprazado en dúas ambulancias asistenciais, indica o 061.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta