Baixan os casos de Covid-19 en residencias de anciáns e centros de discapacidade tras rexistrarse 10 altas

Seis usuarios da residencia García Hermanos de Betanzos e catro usuarios do centro de discapacidade do CAPD de Chapela-Redondela deron negativo nas últimas horas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/09/2021 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

Os casos de  Covid en residencias de maiores e centros de discapacidade de Galicia baixaron nas últimas horas, tras darse a alta epidemiolóxica a unha decena de usuarios, de maneira que quedan 69 casos en centros xeriátricos e 7 casos entre usuarios de centros de discapacidade.

Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press
Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press

Segundo os datos facilitados este martes pola Consellería de Política Social, nas últimas horas deron negativo 6 usuarios da residencia García Hermanos de Betanzos.

Deste xeito, os casos de Covid-19 nas residencias de maiores galegas distribúense así: 34 contaxiados no centro  DomusVi de Monforte, 23 casos en San Vitorio (Baralla), 6 casos en  As Gándaras de Lugo, 5 casos na residencia García Hermanos de Betanzos, e un en  DomusVi de Oleiros.

Con respecto aos centros de discapacidade, recibiron o alta 4 usuarios do CAPD de Chapela-Redondela, e quedan nese mesmo centro 7 usuarios con  Covid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta