O 86% da poboación diana está inmunizada, tras completar a pauta case 17.000 persoas máis

O presidente da Xunta asegura que Galicia é a segunda comunidade "con mellores datos, tanto en primeiras doses como en pautas finalizadas"

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 08/09/2021 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Case 17.000 persoas quedaron inmunizadas en Galicia contra a covid nas últimas 24 horas --16.935, concretamente--, co que os galegos con pauta completa ascenden ata os 2.128.235, o que representa o 86,70% da poboación diana e o 78,8% da xeral.

Segundo o rexistro actualizado pola Consellería de Sanidade esta tarde (con datos solicitados ata o peche da xornada de vacinación do martes), o Sergas administrou outras 18.787 vacinas contra a covid-19 nun día, das cales a gran maioría estiveron destinadas a completar pautas. Así, ata este mércores, Galicia recibiu 4.336.979 dose, das que inoculou 4.196.758, é dicir, o 97%.

Por grupos de idade, un total de 1.652.738 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada. Son 447 persoas máis que hai 24 horas e a porcentaxe de cobertura neste grupo de idade supera xa o 96,08%.

No grupo de 30 a 39 anos, vacináronse 264.259 pacientes (+461 no último día), un 81,7%. Outros 192.834 mozos de entre 20 e 29 anos tamén recibiron, como mínimo, a primeira inxección (+1.175), o que representa o 83,55% da poboación diana nesta franxa. Entre os máis pequenos, no grupo de entre 10 e 19 anos, foron vacinados 165.201 mozos e mozas (+264).

VULNERABILIDADE E PROBABILIDADE DE EXPOSICIÓN

Ademais, por vulnerabilidade, un total de 59.969 persoas recibiron a primeira dose da vacina, mentres 59.474 completaron xa a pauta contra a covid-19. Por probabilidade de exposición, outros 145.308 galegos contan coa primeira picada e 143.939 están xa inmunizados.

En total, 2.275.032 galegos recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, o que representa un 92,5% da poboación diana e un 84,26% da xeral.

Fila de pacientes que esperan sentados tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Fila de pacientes que esperan sentados tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta