A Cámara galega insta a Interior a cubrir as "carencias" do corpo de examinadores de tráfico en Galicia

A iniciativa saíu adiante con dez votos a favor e dúas abstencións, do PSdeG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A Cámara galega instou ao Ministerio do Interior a que cubra as "carencias" que presenta o corpo de examinadores de tráfico en Galicia e que provocou problemas á hora de realizar as probas para obter permisos de condución durante este verán. A demanda do Parlamento galego partiu dunha iniciativa presentada polo grupo maioritario, o PPdeG, que saíu adiante na 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior con dez votos a favor e dúas abstencións (PSdeG).

En concreto, a proposición non de lei aprobada na Cámara demanda a convocatoria dun proceso selectivo na Dirección Xeral de Tráfico para "atender as graves carencias de persoal" que presentan o catro xefaturas provinciais en Galicia. Ademais, demanda que, ata a cobertura destas prazas vacantes, "non se deriven examinadores para cubrir a carencia de persoal administrativo nas oficinas das diferentes xefaturas provinciais".

Por último, insta a Interior a crear unha "bolsa" de horas extraordinarias en cada unha das xefaturas provinciais para a realización de máis probas. Esta solución, remarca o PP na súa iniciativa, xa foi adoptada durante a época estival nalgunhas ocasións e permitiría "aliviar o colapso" e as listas de espera que existen actualmente en Galicia para lograr o carné de conducir.

Imaxe do pleno da Cámara galega
Imaxe do pleno da Cámara galega | Fonte: Parlamento de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta