Máis de 187.000 alumnos galegos xa están nas súas aulas de infantil e primaria

Os centros manterán as medidas básicas e os 'grupos burbulla', pero os menores terán maior posibilidade de interacción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Galicia arrincou este xoves un novo curso académico. Máis de 187.000 alumnos galegos iniciaron as aulas en infantil, primaria e educación especial dun ano marcado outra vez polas medidas sanitarias e a pandemia da covid-19.

Os datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade indican que 55.698 alumnos iniciarán as aulas en infantil, o que unha redución de 2.356 nenos con respecto ao curso pasado, a maioría na pública (39.191) fronte a 15.414 na concertada e a privada con 1.093 alumnos.

En primaria, pola súa banda, serán uns 130.774 alumnos os que inicien empecen as clases, cun descenso na matrícula que alcanza os 2.482 estudantes. Deles, 92.084 alumnos acudirán a centros públicos este ano, fronte aos 35.921 dos centros concertados e os 2.769 dos privados.

Por provincias, A Coruña é líder en alumnado matriculado en centros públicos e privados, con 40.051 e 1.354 mozos respectivamente. A lista de alumnos en centros concertados está encabezada pola provincia de Pontevedra, cun total de 14.325 alumnos.

O número de alumnos matriculados en educación especial en Galicia é o único que crece do tres niveles que inician as clases con 1.152 matriculados, seis máis que o curso anterior e 41 máis que hai dous anos. Educación destacou que os menores volverán a clase nun contexto de "estabilización xeneralizada" dos datos de contaxios e hospitalizacións na comunidade autónoma.

Así mesmo, defendeu que as persoais se manterán por encima das do curso 2019-202 e as medidas sanitarias "invariables" dentro das aulas, especialmente nas que se refiren a os denominados 'grupos burbulla' sen distancia de seguridade.

Dúas nenas ás portas do colexio. Jorge Gil - Europa Press
Dúas nenas ás portas do colexio. Jorge Gil - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta