O cantante C. Tangana tamén se mete na moda da man do grupo Inditex

C. Tangana agora escóitase e vístese. O cantante dá un paso máis na moda e únese ao grupo Inditex cunha colección de pezas de aire deportivo e accesorios inspirada no disco que o consolidou como artista, "El Madrileño".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 09/09/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Como todos os discos e todos os artistas que marcan unha época, "El Madrileño" de C. Tangana non só pódese escoitar, tamén se pode vestir. A partir deste xoves, a colección está dispoñible online na web de Bershka e en tendas físicas seleccionadas.

O artista, que lanzou a finais de abril a súa propia firma de moda, "Latexa Checkout", unha colección que reflicte á perfección o seu estilo moderno e único, un cóctel entre o castizo e o extravagante, agora mergúllase un pouco máis na industria téxtil para lanzar unha colección de pezas e accesorios inspirados no gran éxito do seu último disco.

C.Tangana (Madrid, 1990) uniuse a Bershka, a liña de moda máis rompedora e moza que pertence a Amancio Ortega -fundador do grupo téxtil Inditex-, co obxectivo que vestir a un público que esixe as últimas tendencias. "A colección une tradición e modernidade, sport e elegancia, España e América Latina", explicou a firma este xoves en nota de prensa.

O cantante C. Tangana e o seu album El Madrileño
O cantante C. Tangana e o seu album El Madrileño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta