Militares galegos manifestaranse en Madrid: "con boas palabras non pagamos a factura da luz"

Reclaman poñer fin a súa "paupérrima situación" no tocante a salarios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os militares galegos manifestaranse en Madrid en protesta polas súas condicións salariais. A nova vén de se coñecer despois de que as principais asociacións do eido convocar unha grande mobilización de cara o vindeiro 16 de outubro coa que pretenden encher a capital para protestar contra o ninguneo retributivo” ao que, destacan, os someten dende as Forzas Armadas.

Militares españois do Exército de Terra durante unhas manobras. EXÉRCITO DE TERRA - Arquivo
Militares españois do Exército de Terra durante unhas manobras. EXÉRCITO DE TERRA - Arquivo

Os militares refires a súa “paupérrima situación” no tocante a salarios pouco despois de que a propia ministra de Defensa, Margarita Robles, recoñecera problemas na retribución, e logo duns dous últimos anos nos que veñen protagonizando noticias en todo tipos de crise: citan os incendios, as nevaradas, as problemáticas de Afganistán e Melilla e, por suposto, a pandemia. 

“Lamentablemente, aproveitouse a disciplina dos profesionais das armas para mantelos á cola das retribucións públicas sen atender ás súas demandas e sen modificar a situación”, aseguran dende a Asociación de Tropa y Marinería Española (ATME). A plataforma cualifica de “migallas” os incrementos rexistrados nos últimos PGE, e sentencia: “non hai vontade nin respecto”.

A mobilización convocada para o vindeiro 16 de outubro chega, pois, cos militares adscritos ás tres principais asociacións “fartos”. A xornada servirá para reclamar “de vida voz” o dereito a percibir unha nómina “xusta e adecuada ao desempeño profesional”. “Porque uns exércitos profesionais non poden tratar aos seus membros como mera carne de canón á que se compensa con chapas e abelorios”, inciden, antes de finalizar: “o respecto profesional empeza por unha retribución adecuada: con boas palabras non pagamos o recibo eléctrico nin o pan para os nosos fillos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta