O BNG esixe á Xunta "reverter 12 anos de recortes" en educación e incrementar profesorado

Critican a redución de profesorado no segundo ano da pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu á Xunta "reverter os recortes" en educación e non só manter o profesorado existente no anterior curso, senón tamén incrementar o persoal. Fíxoo, en declaracións aos medios, tras a visita ao CEIP 'Fogar' de Carballo, nun acto xunto ao alcalde, Evecnio Ferreiro, coincidindo co inicio do curso escolar en Educación Infantil e Primaria.

Pontón, que fixo un recoñecemento ao labor do profesorado durante a pandemia, dixo que o actual contexto sanitario puxo en evidencia "a importancia de ter unha educación pública de calidade" para que os alumnos "con independencia do poder adquisitivo dos seus pais, teñan as mesmas oportunidades".

"Os países que máis invisten en educación son os que máis avanzan, necesitamos que se revertan 12 anos de recortes do PP no ámbito educativo", dixo tamén ao cualificar de "un sinsentido empezar un curso en pandemia onde se vai recortar profesorado". "Máis de mil profesores respecto ao curso anterior", recalcou a portavoz nacional do BNG, quen non considerou "responsable" esta decisión e que contrapuxo á doutras autonomías como Navarra, Valencia, Cataluña ou Euskadi, "que mantiveron ou incrementaron profesores".

Ademais, insistiu en que "a responsabilidade da Xunta é axudar aos nenos que máis o necesitan e non seguir con recortes que van deteriorar un servizo esencial", recalcou. Por outra banda, anunciou que levarán ao Parlamento unha serie de iniciativas "para que se revertan os recortes da Xunta". Así, defendeu que non só hai que manter o profesorado do curso pasado senón "incrementalo".

A iso, sumou reducir os cocientes en primaria e secundaria, para que queden en 20 e 25 alumnos, respectivamente. Na mesma liña, pediu un plan nesta lexislatura para que todos os centros contan cun servizo de comedor e que este sexa xestionado pola Xunta.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visita nun colexio de Carballo. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visita nun colexio de Carballo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 El Ciz

É continuo o ataque por todos os frentes, chamo tamén ataque á pasividade das forzas españolista. Non fai falla artellar unha grande ofensiva de iniciativas políticas para defendermos que é do que se trata, a propia realidade fábrica a táctica do bng, o bng só lle pon título e a formaliza públicamente