O Sergas prevé comezar a chamar esta semana a persoas con transplantes para a terceira dose

Feijóo non concreta se esta dose se reforzo irá ou non para máis colectivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Galicia quere comezar a chamar esta semana ás persoas con transplantes para que reciban a terceira dose da vacina contra o covid-19. Así o avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a preguntas dos medios na rolda de prensa posterior a reunión do seu executivo, celebrada este xoves.

Deste xeito, o mandatario autonómico sinalou que as persoas con transplantes serán a "primeira prioridade" á hora de administrar a terceira dose da vacina, unha vez que foi autorizada polo Consello Interterritorial de Sanidade o pasado mércores.

Neste sentido, o Goberno galego espera comezar esta semana cos chamamentos. No caso de que unha persoa con transplante non reciba unha notificación para acudir a recibir a terceira dose, Feijóo convidou a que "se poñan en contacto" cos servizos sanitarios para concretar a cita.

Con todo, o presidente expresou que confía en que non se produzan excesivos problemas deste tipo, posto que estes pacientes están "en seguimento". Cuestionado sobre cales serán os próximos colectivos en ser chamados para recibir a terceira dose, evitou concretar futuros movementos, deixando entrever tan só aque Galicia "non se vai a apartar dos criterios centíficos".

Por tanto, emprazou a coñecer as consideracións dos expertos para concretar quen serán os próximos en ser vacinados, aínda que manifestou que entende que, tras os inmunodeprimidos, debería continuarse por aqueles que completaron a pauta de vacinación "hai moito tempo".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encabeza a reunión do seu goberno do 9 de setembro de 2021. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encabeza a reunión do seu goberno do 9 de setembro de 2021. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta