Agardáse, para este venres, unha apertura de claros ao longo do día e o descenso de temperaturas mínimas

As temperaturas máximas non presentarán grandes cambios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

Galicia situarase nunha situación intermedia entre altas e baixas presións durante este venres. Deste xeito, pola mañá o ceo estará parcialmente cuberto con precipitacións máis probables na fachada atlántica que tenderán a desaparecer á vez que comezarán a abrirse claros no ceo.

Ademais, as temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, aínda que as máximas non presentarán cambios significativos. Mentres, o vento soprará frouxo de dirección variable con brisas costeiras pola tarde.

Predicións para o venres. METEOGALICIA
Predicións para o venres. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta