Temas: GALICIA VENTO

Apertura de claros e descenso de temperaturas mínimas

Galicia situarase nunha situación intermedia entre altas e baixas presións durante este venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Galicia situarase nunha situación intermedia entre altas e baixas presións durante este venres.

Deste xeito, pola mañá o ceo estará parcialmente cuberto con precipitacións máis probables na fachada atlántica que tenderán a desaparecer á vez que comezarán a abrirse claros no ceo.

Ademais, as temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, aínda que as máximas non presentarán cambios significativos. Mentres, o vento soprará frouxo de dirección variable con brisas costeiras pola tarde.

Predicións para o venres. METEOGALICIA
Predicións para o venres. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Temas: GALICIA VENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta