Temas: GALICIA DATOS INE

As empresas disoltas en xullo aumentan un 83%

Por E.P. | A CORUÑA | 10/09/2021 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O número de novas sociedades mercantís descendeu un 0,6% en xullo en relación ao mesmo mes de 2020, ata alcanzar a cifra de 306, segundo os datos difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Das sociedades creadas, só unha foi anónima e o resto foron sociedades limitadas. Mentres, as disoltas alcanzaron a cifra de 103, o que supón unha variación anual do 83,9%.

En Galicia, as sociedades que amplían capital sitúase en 102, delas 100 limitadas. As que o reduciron foron 26. En canto ás disoltas, 82 fixérono de forma voluntaria; seis foron por fusión e 15 por outros motivos.

En España, o número de novas sociedades mercantís aumentou un 9,7% en xullo en relación ao mesmo mes de 2020, ata totalizar 8.379 novas empresas, a cifra máis alta nun mes de xullo desde 2007.

Co avance interanual de xullo, a creación de empresas encadea seis meses consecutivos de taxas positivas despois de aumentar un 3,1% en febreiro, un 61,8% en marzo, case un 300% en abril, un 152,4% en maio, un 41,8% en xuño e un 9,7% en xullo.

De acordo cos datos do INE, o número de sociedades mercantís disoltas o pasado mes de xullo foi de 1.503, un 4,7% máis que no mesmo mes de 2020. Desta forma, unha media de 48 empresas pecharon as súas portas cada día do mes de xullo.

Visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana, á empresa Conservas Cambados de Ribadumia (Pontevedra).. XUNTA DE GALICIA
Visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana, á empresa Conservas Cambados de Ribadumia (Pontevedra).. XUNTA DE GALICIA

Temas: GALICIA DATOS INE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta