O Sergas pisa o acelerador e completa a pauta de 15.000 galegos nun só día

Feijóo vaticinou que o "100%" dos galegos contarían coa pauta completa o vindeiro día 19. Polo momento, a vacinación achégase ao 80%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Máis de 15.000 persoas completaron a pauta contra a covid nas últimas 24 horas, co que os galegos inmunizados ascende aos 2.146.176, o que representa o 87,43% da poboación diana e o 79,48% da xeral.

Segundo o rexistro actualizado pola Consellería de Sanidade este sábado (con datos solicitados ata o peche da xornada de vacinación do venres), o Sergas administrou outras 17.849 vacinas contra a covid-19 nun día, das cales a gran maioría estiveron destinadas a completar pautas. Así, ata este sábado, a Comunidade galega recibiu 4.336.979 doses, das que xa inoculou 4.218.567, é dicir, o 97,26%.

Por grupos de idade, un total de 1.654.008 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada. Son 826 persoas máis que hai 24 horas e a porcentaxe de cobertura neste grupo de idade supera xa o 96,15%.

No grupo de 30 a 39 anos, vacináronse 265.007 pacientes (+525 no último día), un 81,9%. Outros 194.472 mozos de entre 20 e 29 anos tamén recibiron, como mínimo, a primeira inxección (+723), o que representa o 84,25% da poboación diana nesta franxa. Entre os máis pequenos, no grupo de entre 10 e 19 anos, foron vacinados 167.243 mozos e mozas (+1.251).

19 DE SETEMBRO, DATA LÍMITE

Sanitarios vacinan a persoas maiores de 80 anos coa dose de Moderna / Europa Press.  / Europa Press
Sanitarios vacinan a persoas maiores de 80 anos coa dose de Moderna / Europa Press. / Europa Press

Ademais, por vulnerabilidade, un total de 60.028 persoas recibiron a primeira dose da vacina, mentres 59.551 completaron xa a pauta contra a covid-19. Por probabilidade de exposición, outros 145.295 galegos contan coa primeira picada e 144.037 están xa inmunizados.

En total, 2.280.730 galegos recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, o que representa un 92,9% da poboación diana e un 84,47% da xeral. Deste xeito, o Sergas pisa o acelerador logo de varias xornadas con números baixos e a poucos días de que se cumpra o limiar previsto por Feijóo para ter os galegos vacinados ao "100%": o 19 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta