Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 21:33
Preto de 10.000 galegos vacináronse este sábado nunha quincena de espazos habilitados nas áreas sanitarias, onde acudiron uns 7.000 deles sen cita previa. Disto informou a Consellería de Sanidade con datos ata as 18,00 horas, aínda sen pechar o cómputo global, xa que se vacinou nesta xornada de sábado ata as 21,00 horas.
Así, Expocoruña é o recinto no que máis persoas se vacinou sen cita (1.916). Séguelle: o Ifevi de Vigo (1.486), a Cidade da Cultura de Santiago (646), Expourense (595), o Recinto Feiral de Pontevedra (551) e o Hospital Lucus Augusti (467).
A posibilidade de vacinarse sen cita previa pretende reducir o número de galegos aínda sen inmunizar, ao redor de 200.000. Ademais, os días 13 e 14 de setembro habilitaranse puntos de vacinación para a comunidade universitaria nas sete cidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.