A vacinación sen cita imponse en Galicia na primeira xornada

Tres de cada catro doses inoculadas o pasado sábado seguiron este modelo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O 75,23% das doses contra a covid que se inocularon este sábado foron para persoas sen cita previa, concretamente 7.923 das 10.531 vacinas administradas nas áreas sanitarias, segundo o balance facilitado pola Consellería de Sanidade. Este sábado abríanse todos os puntos de vacinación masiva da Comunidade para a inxección de primeiras doses sen cita previa, un proceso que se completará o vindeiro luns e martes coa inoculación da vacina a estudantes e persoal universitario, tamén sen cita.

Por áreas, na Coruña foron inoculadas 3.001 doses, das que 2.184 foron sen cita e 817 con ela; en Ferrol, dos 498 totais, 383 foron libres e 115 con cita; na área de Santiago, das 1.634 inxectadas, 1.000 foron sen cita; mentres que en Pontevedra 896 picadas dos 1.422 totais, foron tamén libres --e 526 con cita--.

Na área sanitaria de Vigo inxectáronse este sábado 2.403 vacinas, das que 490 foron mediante cita previa, e os 1.913 restantes, libres; na de Lugo, 691 de 925 totais se inocularon sen cita; e na de Ourense, 856 foron libres e 192 con cita, o que suma 1.048 doses. Así, en toda Galicia, 7.923 doses inxectáronse de forma libre e 3.008 administráronse con cita, co que, ao peche da xornada de vacinación, Sanidade contabilizou 10.931 doses inoculadas.

CASE O 80% DA POBOACIÓN INMUNIZADA

Por outra banda, segundo o balance da Consellería publicado esta mañá na súa páxina web, con datos ata a media tarde deste sábado, a estas doses hai que sumar, --como mínimo, pois o corte horario non é o mesmo que o tido en conta para as primeiras doses--outras 3.880 inxeccións que se corresponden con segundas picadas para completar pautas.

Desta forma, un total de 2.150.056 persoas están inmunizadas contra a covid, o que supón un 87,59 da poboación susceptible de recibir a vacina e un 79,63% da poboación total. Galicia conta nestes momentos con 4.336.979 doses, das que se administraron --ata as 18,00 horas do sábado-- 4.230.385, o 97,5%.

Mozos esperan na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación másiva a menores de 20 anos / Europa Press.  / Europa Press
Mozos esperan na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación másiva a menores de 20 anos / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta